xoves, 3 de decembro de 2015

Tema 2 Actividade 7




ACTIVIDADE7.PDF


Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE7.
Os conceptos están definidos nas páxinas 44 e 45 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:
Disco duro. Busca imaxe ou imaxes na rede onde apareza a estrutura dun disco magnético de xeito similar á figura 27 da páxina 44 do libro.
Memorias Flash
. Busca 2 imaxes na rede (USB e tarxeta de memoria).
Unidade de estado Sólido
. Busca unha imaxe na rede.

DISCOS DUROS

Un disco duro é un dispositivo magnético utilizado para almacenar gran cantidade de información. Componse de varios pratos, apilados nun mesmo eixe que xira a gran velocidade dentro de unha caixa metálica sellada. entre os pratos están situadas as cabezas das lectura-escritura que leen e escriben nas dúas caras de cada disco.
Dependendo da tecnoloxía utilizada para a transferencia de datos, os discos duros poden ser de varios tipos: IDE, SCSI, SATA, SAS, etc. O seu tamaño aumentou vertixinosamente, pasado do primeiro disco de 5MB, que pesaba unha tonelada a os discos actuais de varios TB e do tamaño dun telefono móbil.

ESTRUTURA DE UN DISCO MAGNÉTICO

-Caras: Superficies superior e inferior de cada disco.
-Sectores: Divisións que se fan en cada pista.
-Cilindros: Conxunto de pistas que están alienadas verticalmente en todas las caras. Neste concepto se utiliza en los discos duros posto que en eles hai varios pratos con pistas en ambas caras.


MEMORIAS FLASH

A memoria flash é un sistema de almacenamento estático que non necesita corrente para manter gardados os datos. funciona mediante impulsos eléctricos e alcanza velocidades de funcionamento moi superiores a u outros dispositivos porque permiten ler e escribir datos de forma simultánea.
Convertéronse nun soporte de uso habitual para almacenar e transportar información xa que, nas súas características destacan a súa grande capacidade, as súas pequenas dimensións, o seu prezo adquirible, a súa resistencia, a posibilidade de usala en dispositivos de diferente tipo e a súa facilidade de emprego. Iso di a vida de unha memoria flash non é indefinida: cífranse entre cen mil e un millón as veces que se pode gravar información nelas.

Os tipos de memoria flash mais empregados son:

Memorias USB: Pequenos dispositivos cun chip de memoria flash. Conéctanse ao ordenador a través dun porto USB en quente, é dicir, inda que este acendido. Xeralmente, non hai que instalar ningún software nin driver para utilizalas , xa que o sistema operativo as recoñece automaticamente.













Tarxetas de memoria: Son soportes de almacenamento utilizados habitualmente en cámaras dixitais e móbiles, polo que soen ser conectadas ao ordenador a través de un lector de tarxetas de memoria para transferir a súa información. Existen multitude de tipos e formatos en función do fabricante; algúns dos máis comúns son SD, MiniSD, MicroSD, NanoSD, Compact Flash, Memory Stick, xD MMC, etc.


UNIDADE DE ESTADO SÓLIDO


Unha unidade de estado sólido ou SSD (Solid State Drive) é un dispositivo de almacenamento secundario de gran capacidade e alta velocidade. ten o mesmo uso que os discos duros pero non está integrado por discos mecánicos, senón por memorias de circuítos integrados para almacenar a información utilizando tecnoloxías como a memoria flash, memoria SDRAM, etc. Ao non ter pezas móbiles, a unidade de estado sólido reduce drasticamente o tempo de búsqueda e e latencia polo que converteuse nunha alternativa mellor cos discos duros.
Las SSD fan uso da mesma interface que os discos duros e, polo tanto son facilmente intercambiables sen ter que recorrir a adaptadores ou tarxetas de expansión para contabilizalas co equipo.

Ao ser inmunes as vibracións externas, son especialmente aptas para vehículos ordenadores portátiles e outros dispositivos móbiles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario